Comisión para o Intercambio Cultural
Proxecto “Bolboreta”
Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA)
¿Qué é a Comisión para o Intercambio Cultural?
A Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA) é unha entidade que conta na actualidade con socios en diferentes países lusófonos. ALGA ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento de estudos sociais aplicados, xunto con accións de cooperación ao desenvolvemento de tipo científico e académico. Entre as moitas actividades de ALGA figura tamén entre os seus obxectivos a difusión da nosa Cultura xunto coa difusión da produción cultural dos países da lusofonía. Neste contexto foi creada a Comisión para o Intercambio Cultural (CIC).
O obxectivo da CIC é fomentar por unha banda a promoción exterior da nosa Cultura e, por outra, dar a coñecer a diversidade cultural do mundo lusófono. Nesta liña a CIC desenvolve a proxecto “Bolboreta”.
¿En qué consiste o proxecto “Bolboreta”?
Consiste na tradución ao tetun (lingua co-oficial de Timor Leste) da obra do escritor galego Manuel Rivas “A Lingua das bolboretas”. A edición é bilingüe (portugués e tetun) e incorpora as ilustracións feitas por Migelanxo Prado. O proxecto consta de dúas edicións: unha primeira edición en tapa dura e unha segunda edición en rústica – esta de 10.000 exemplares - que incorpora unha guía didáctica para escolares, coa finalidade de utilizar o texto como material curricular nas escolas de Timor-Leste.
O proxecto non ten ánimo de lucro e os exemplares distribúense gratuitamente.
“Bolboreta” é un proxecto de varios dimensións::
Xénese do proxecto
“Bolboreta” “Bolboreta” ten a súa orixe no proxecto EDUT (“Avaliación e prospectiva da Educación en Timor Leste. Educación e desenvolvemento: desafíos, dificultades, oportunidades e propostas de estratexias de intervención”), desenvolvido por investigadores da UDC e financiado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, para analizar a problemática do sistema educativo timorense.
Da investigación do proxecto EDUT concluíase que entre os moitos problemas que afrontaba o sistema educativo do país figuraba a carencia de libros para a aprendizaxe da lingua. Desta análise foi tomando corpo a idea de editar un libro de texto para contribuír ao ensino da lingua portuguesa e do tetun. Deste xeito non só se faría unha contribución para a satisfacción dunha necesidade social, senón que tamén se contriburía ao proceso de normalización lingüística en portugués e tetun, linguas oficiais de Timor-Leste.
A idea foi proposta a ALGA e de contado foi asumida por esta entidade.
Iniciativa do proxecto e financiamento
O proxecto é financiado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo (Xunta de Galicia) e por ALGA. “Bolboreta” é unha iniciativa da CIC de ALGA, desenvolvida por investigadores da Universidade da Coruña (UDC) membros de ALGA, en colaboración co Instituto Nacional de Lingüística (INL) de Timor Leste e coa Universidade Nacional de Timor Lorosa’e (UNTL). O convenio entre a UDC e a UNTL foi decisivo para a realización do proxecto. Do mesmo xeito, o apoio da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da UDC aos proxectos desta universidade en Timor a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado, foi chave para que “Bolboreta” se convertera nunha realidade. A OTC de Dili en Timor-Leste (Oficina Técnica de Cooperación) da AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento), prestounos a súa colaboración en forma de apoio loxístico e de consellos para a realización do proxecto.
Equipo do proxecto
Dirección: Luis Gárate e Enrique Alonso.
Membros do equipo:: María Jesús Pena Castro, Esther López López, Laura Sánchez Pérez e Alberto Fidalgo Castro.
Editorial: Aldine Editorial (co-edición con ALGA).
Web: Ignacio Serantes, Servizos Informáticos de ALGA.
Contacto
Financian | ||
Colaboran | ||
© Fotografías: ALGA (Arquivo documental) e Laura Sánchez.
Prohibida a reprodución total ou parcial das imaxes sen autorización.